Saltar ao contido

Camiños / Ancient Roads

Travesas_Cruce_CaminhosO Castro das Travesas ocupa unha posición estratéxica no que conflúen tres importantes camiños que poñen en contacto dúas áreas costeiras (Bergantiños, e A Coruña [co seu faro]), con dúas áreas interiores (chairas de Compostela e Curtis) nas que se emprazan importantes xacimentos (Ciadella ou Lucus Augusti p.e.).

Esta situación visualízase na confluencia de tres importantes camiños:


1.- O Camiño de Santiago e a actual estrada da Coruña a Santiago.

Na cartografía histórica aparece reiteradamente este lugar, pequeno e pouco habitado, dentro do itinerario do Camiño Inglés. Isto indica que foi unha referencia viaria importante pola posición que ocupa no terreo.

2.-  O Camiño de Bergantiños á Comarca da Montaña (Santaia de Curtis) ate Lugo

Este camiño, recoñecido na cartografía histórica, coincide parcialmente coa proposta de trazado da vía XX “Per loca maritina” de Rosa Maside.

3.-  O Camiño Inglés a Santiago desde Ferrol.

Este importante camiño costeiro puña en contacto As Mariñas coas terras altas interiores e a rede principal de camiños  através das Travesas.

 

Podes ver mais esta temática mais desenvolvida en outros artigos do menú de Camiños con mais planos e consideracións.

 

Advertisements
%d bloggers like this: