Saltar ao contido

Boicentril e o castro de Cañás


Nun libro fermoso de 1912 titulado  “Boicentril. O druidismo e o celtismo gallegos. A Epopeya irlandesa“, 

Francisco Tettamancy relata a historia de Boicentril, un importante xefe da tribo dos arrotrebae (ou brigantinos) que habitaba no castro de Cañás.

Carral é unha terra de castros importantes. As grandes dimensións do castro das Travesas influiu nun amigo de ali, que me comentara que na biblia xa aparecía mencionado (un honor)…, e ademais existía, non unha trabe, senón un todo un carro de ouro. Esta é unha loubanza linda do castro, e agora tracemos outra, a posíbel presenza de Boicentril todo un xefe, residente nun castro destacado, noticia publicada hai mais de 100 anos (en galego!!!!)

A lenda reivindica un papel central para este castro no conxunto da comarca; quizá polo seu destacado emprazamento no alto dun outeiro. Aquí tedes mais detalles en un castro esquecido, o de Boa-Vista. Sobre este castro falara Tettamancy en 1903 noutro poemario “O castro de Cañás; Diego de Samboulo (Leenda histórica). Poemetos“.

Nestes momentos esta obra resulta interesante porque publica fotografías moi antigas do concello de Carral, tomadas polo fotógrafo e impresor Pedro Ferrer. E tamén porque nesta obra obra Tettamancy aproveita para guiarnos con moito rigor sobre o que daquela pensaban que era a relixión dos castrexos (druidismo). Para tal fin toma como guía as lendas irlandesas, tal e como fixeran outros compañeiros da Cova Céltica (Murguía ou Pondal). Tettamancy estimaba que na época de Boicentril o universo era considerado como un santuario, e por tanto os espazos rituais estaban fora dos castros sen necesidade de outra formalización.

En calquer caso é unha satisfacción atopar este tipo de testimuñas que vindicaron hai mais de 100 anos o patrimonio local fornecendo documentación!

Posíbel interior da croa do castro de Cañás/Ameás, foto de Ferrer.

Dous detalles arqueolóxicos a salientar son as súas observacións sobre a inexistencia de restos de materiais superficiais no interior do castro, cando daquela a croa estaba a ser cultivada; quer dicer o arado podía remover restos de edificacións e materiais varios… Esta circunstancia quizá estexa relacionada co estilo de construción comarcal de aqueles intres, os cais temos obervado noutros castros como Travesas ou Herbes. Outra cousa interesante que comenta Tettamancy é a relación dos castro de Cañás, Sergunde, Sigrás e Alvedro do Camiño de Faro (ou Camiño Inglés), questión da que tamén temos falado en outros posts.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: