Saltar ao contido

Castros e mámoas: convivios e proximidades

machado_3

As veces nas escavacións apreséntanse materiais curiosos ou pouco habituais. Unha destas pezas “raras” foi un machadiño polido que atopamos na camada de derrube que enchía o aceso do antecastro das Travesas.

As pezas relatan, entre outras cousas, o seu desenvolvimento cronolóxico. Así infórmannos da orixe do castro das Travesas arredor do século IV a.C, das posteriores obras realizadas entorno  aos séculos II-I a.C., e a súa continuidade até o final da época romana. Porén tamén teñen aparecido pezas moito mais antigas, que saen fóra dese cadro cronolóxico. Son poucas e excepcionais.

machado_2
A: machado polido; B: aceso do antecastro; C: torreón; D: muralla; E: foxo do antecastro.

Eis o caso do pequeno machado polido. Trátase dunha peza premeditadamente moi fachendosa tanto pola aparencia (foi escollida unha pedra de tons brancos, con acabado brillante polo polimento), así como polo seu estado de conservación (non fora usada). Estas pezas adoitan atoparse en túmulos (tamén coñecidos como mámoas ou medoñas), que foron as tumbas do neolítico e principios de Idade Bronce. Pezas tan vizosas foron elaboradas expresamente para esas tumbas mais de 15oo anos antes dos castros  seren construídos.

Posibelmente o machadiño proceda dunha das mámoas próximas ao castro. Este tipo de materiais antigos parecen ser do interese dos galaicos, xa que están presentes noutros castros. En Santa Tegra un destes machados foi reutilizado, nas Travesas non, está intacto, co gume aínda afiado. Por desgraza non sabemos que puido significar para os castrexos posto que apareceu nun contexto remexido.

trv08-542_dente-de-lobo
Cerámica con decoración incisa de tipo “dente de lobo” (TRV08-542)

Tamén dun momento antigo, quizá non tanto como o machado, sexa unha peza cerámica (TRV08-542) quer pola decoración incisa con motivos de “dentes de lobo”, quer pola forma e dimensións podería ser atribuída ao final de idade do Bronce ou á primeira Idade do Ferro. É posíbel que podamos atribuír a ese momento previo á existencia do castro (?) outros fragmentos cerámicos con incisións triangulares e pastas moi groseiras (TRV08-93). Estas pezas están a dar conta de actividades anteriores nesta zona, non sabemos se relacionadas cun hábitat que finalmente deu orixe ao castro, ou se por contra viñeron dentro de terras removidas para a construción do castro sen existir unha relación directa.

 

trv08-93
Cerámica con decoración incisa (TRV08-93)

A presenza de materiais do Bronce Final en castros non é tampouco nengunha novidade. Sabemos que son os alicerces sobre sobre os que comeza desenvolverse o fenómeno castrexo.
O que resulta curioso é, en certos casos, a relación de proximidade con mámoas o medoñas. Nas Travesas na zona externa do aceso existen dúas grandes protuberancias que son coñecidas como “as medoñas”. Son estruturas singulares que nós pensamos que se corresponden cos restos de dúas torres que franqueaban a entrada mais externa.

castrotravesas_medonhas_captura
As Medoñas do castro das Travesas no contexto das murallas: 1.- Plataformas laterais; 2.- Parapeito mais externo ao que se correspoderían as medoñas. A liña de pontos correpóndese co vial de aceso entre a segunda (antecastro) e primeira porta (croa)

 

Mais existen casos de castros relacionados, cando menos, por proximidade a túmulos moi destacados. Eis o caso do castro de Serantes (Santiso) que se atopa a escasa distancia dun gran túmulo coñecido como “a mámoa de Serantes” polas súas grandes dimensións; con case 50 m. de diámetro e mais de 2 m. de altura. No cume atópase un gran cráter de violación. Nos traballos de construción do castro púidose ter desfeito o túmulo para achanzar o terreno e evitar ter un elemento de amparo para atacantes ou para aproveitar os seus materiais. Non sabemos se é un caso de respecto, fascinación ou utilidade…

contexto_lexendado

O castro de Serantes conta cun antecastro amplo na zona dianteira, unha estrutura que non parece ter sido un simples reforzo defensivo, senón que constitúe un amplo recinto como nas Travesas. A traza da muralla está parcialmente segmentada, e algunha desas seccións son erroneamente identificadas no PXOM como “mámoas”.

contexto_lexendado_2

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: