Saltar ao contido

(4/4) O Monte Pindo, fin do cliclo de Aleida

img_2442_2

Este é un epílogo que contén unha pequena historia que hai tempo queriamos relatar. Nas xornadas que pasamos medindo en Torre dos Mouros ou no castro de Mallou, pese á dureza da calor e á monotonía do traballo, o final do día tiña a recompensa dos solpores no mar co Monte Pindo e o Cabo de Fisterra ao fundo.

O Monte Pindo e a raíña Lupa

Neste territorio atopámonos coa lenda da raíña Lupa no castro de Mallou, pero sobre todo no Monte Pindo. Aquí é cando enlazamos coa historia que vimos contando da serie de Aleida.

A comunidade local asocia o castro de Mallou coa mansión da raíña Lupa, onde é ben coñecida a súa cadeira. A relación mais forte é co Monte Pindo, onde a raíña estaría enterrada.

A raíña Lupa é coñecida entre outras cousas por ter recebido os restos do Apóstolo Santiago. Para nós, a estrutura da lenda garda moitas similitudes con outras da costa atlántica europea relacionadas coa cristianización. Nestes relatos os enviados cristaos fan un prodixio maior ao das autoridades locais, o que supón a súa supremacía ideolóxica que implica a conversión daquelas comunidades.

Aspetos simbólicos e cronolóxicos

Consideramos que outro aspeto de tinte céltico pode ser a chegada por mar do Apóstolo nunha embarcación de pedra. Esta perspectiva é inverosímil, quizá estexa connotando ao mar (á auga), como un espazo de encontro entre o alén e o aquén. Do alén chega Santiago, e no aquén residimos nós (na concepción simbólica gaélica do mar;  pode facer alusión ao conceito de fronteira e ao conceito de horas abertas).

É evidente que a lenda da chegada do Apóstolo ten que ser posterior cando menos á súa morte; quérese dicir, que cronoloxicamente non se corresponde coa Idade do Ferro nen coa Romanización. Pero contén elementos que suxiren unha cronoloxía tardoantiga ou altomedieval. Unha obviedade, pero coincidiría no tempo con aquelas protagonizadas por Breogán ou Trenzenzonio.

Navegacións, fundeadoiros e contactos

europe-spain-carte-de-la-baye-de-corcubion-bellin-1764
Carte de la Baye de Corcubion, Bellin, 1764. Na cartografía do XVIII non figura como referente o Pindo, senón os portos de Fisterra, Corcubión e Cee. Porén mencionase a “Mignarso” enténdase Lira, que fai parte dese grande fundeadoiro natural.

A zona de Fisterra  foi un referente xeografico, é citada por Plinio e Ptolomeo. Quizá a localización da Torre de Hércules e do porto da Coruña poda estar relacionada coa disponibilidade dunha mellor rede viaria, xa que o rebordo montañoso é mais atenuado que por exemplo na zona de Muros, Carnota e Cee. Na antiguidade para praticar a navegación de cabotaxe, se ben é certo que non existía a rede de portos na costa galega como por exemplo no século XVIII, dispoñería de abondosos fundeadoiros naturais. Portos naturais que permitirían o abrigo das naves e o contacto para a práctica do comercio e o abastecimento.

Se o porto romano da Coruña estaba no segundo xiro da circunnavegación de Hispania, o seguinte xiro estratéxico atopábase en Fisterra, que coincide con este territorio a partir do Monte Pindo.

1647_carta-quarta-generale-di-europa
Carta Quarta Generale di Europa, 1647. Unha das cartas nauticas detalladas mais antigas. A cabotaxe é a navegación entre porto e porto coa costa á vista. Resulta importante coñecer cando menos a posición relativa da seguinte zona de atraque.

A disposición para o encontro entre comunidades locais e xentes chegadas por mar, fica reflectida por exemplo na costa de Carnota no castro de Mallou. Eis o caso dos restos de ánforas (recipientes cerámicos para transportar produtos foráneos) asociados á edificacións construídas sobre a muralla; quérese dicir, a muralla non funcionaba para a proteción, senón como elemento de contención dunha plataforma perimetral.

mallou_plataforma-industrial
Materiais do castro de Mallou (Carnota) atopados nunha plataforma perimetral xunto ao aceso.
mallou_edificacions-sobre-a-muralla
Castro de Mallou (Carnota) edificacións sobre a muralla que tan só cumpre unha función estrutural de suporte dunha plataforma externa.

Epílogo

Na Moa do Monte Pindo téñense detectado posíbeis restos de murallas, os cais seguen un patrón semellante ao de Torre dos Mouros; están ocluíndo aberturas naturais entre penedas. Porén, esas estruturas non son tan notorias ou evidentes como en Torre dos Mouros e neste video de forma excecional ides poder velas en 3D.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: