Saltar ao contido

(2/4) Aleida na Coruña

Torre Ruinas

 

A torre da central de Telefónica lévamos á Torre de Hércules, a cal ten unha interesante historia co arcebispo Xelmírez…

Hai uns anos fixéronse unha serie de recreacións, moi conseguidas, sobre o aspeto orixinal da Torre de Hércules. Esta é unha delas; correspóndese á Alta Idade Media, cando o monumento convértese no Castelo de Faro. Unha infraestrutura moi acaída posto que os ataques vikingos comezaran na costa coruñesa no século IX, aos pés da propria Torre. Segundo os resultados arqueolóxicos o faro daquela xa estaba en ruínas, aproveitouse o muro exterior como muralla, e engadiuse algunha edificación auxiliar no exterior (cociñas).

Apresentación Viñetas desdee o AtlánticoA presenza deste castelo ten moito sentido. A Coruña sempre foi un porto de referencia, xa desde a tardo-antiguidade mencionado por Paulo Orosio e posteriormente na Idade Media como camiño a Compostela para vikingos e peregríns varios (por exemplo o cruzado Osborne no século XII).

E como fortificación foi de interese xeral, sobre todo para a mitra compostelana. O arcebispo Xelmírez tivo unhas cantas tira-puxas polo controlo da Torre. Até se dar conta que o seu mantenimento era moi caro en relación ao pouco uso que tiña. No século XII xa non habían ataques normandos. E decidiu permutala en 1126 pola Terra de Tabeirós ao rei Alfonso VII.

Isto aconteceu pouco antes da construción do Pórtico da Gloria que encarregou o rei Fernando II de Galiza e León ao Mestre Mateu, momento no que descorre o historia de Aleia, pero a conta disto pásanse mais cousas na Coruña…

Planta_escavación Torre de Hércules
Planta dos resultados das escavacións da Torre de Hércules. Fonte Bello Diéguez, 2009: 48.

José María Bello detecta, nas escavacións arqueolóxicas, que a partir dese momento os restos do antigo muro exterior -reconvertido en muralla- van ser demolidos, a pedra será aproveitada para as construcións dunha Coruña en expansión; cen anos mais tarde estará baixo o patrocinio real de Alfonso IX. E o espazo intermedio será reenchido con sedimentos.

Así, segundo José María Bello os muros non son derrubados durante das guerras irmandiñas -como se adoitaba pensar-, senón moito antes, para eliminar unha posíbel infraestrutura de apoio do señorío episcopal nun territorio que pasaba a estar baixo protección real.

torre-de-hercules2

As futuras reparacións que teña este monumento para recobrar a súa función orixinal de faro, tendo en conta a posición estratéxica da Coruña, realizaranse no corpo central sobre o que se distingue a pegada helicoidal das escadas aínda a faltar o outro apoio, o muro exterior.

E a Torre hanos levar para As Travesas, é unha historia circular…

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: