Saltar ao contido

(1/4) Aleida na Coruña

IMG_0837

 

Apresentación Viñetas desdee o AtlánticoO próximo domingo vai ser apresentada a novela gráfica “Aleida, cidade sen alma”  de Victor Boullón que edita Demo, na que eu tiven a honra de participar facendo unha pequena introdución histórica.

A conta deste acto quixera relatar unha pequena historia que liga a cidade da Coruña coa novela.

A miúdo adoito pasar polo Parrote. Hai tempo que levo observando a presenza dunha torre na outra beira no porto, no alto do bairro do Castrillón. Destaca entre o parque de edificios pola súa altura e posición dominante. É unha auténtica referencia urbana.

O Castrillón é un bairro de construción preta, cinxido polo cinto do porto, e eu pensaba que o único escape era o mar…

 

IMG_0841

O complexo desportivo da Solana está xusto enfrente. Habitualmente para correr deixo a vista pousada sobre un ponto; e houbo algo que me chamou a atención. Aquela torre non era un depósito de auga como o de Monte Alto ou O Ventorrillo. Tiña un elemento helicoidal que serpeaba ao longo do fuste , e logo remataba e varias plataformas.

IMG_0851
Alzado e Planta _CornideIsto si que coñecía. Un corpo central arredor do cal enrólase un elemento helicoidal que funciona como escadas… A Torre de Hércules.

Certamente trátase dunha piscadela (guiño) a Torre de Hércules. Trátase da torre da actual central de Telefónica na Coruña,  ao igual que o faro é unha edificación de comunicacións. As escaleiras ben podían estar no interior amparadas polo corpo do edificio mais o deseñador quixo  claramente que estiveran no exterior.

En tempos esta foi a hipótese de Cornide sobre o deseño da Torre de Hércules que foi corroborada nas escavacións de José María Bello.

As melloras das estruturas e a edificación non fan necesario o segundo corpo que rodeaba as escadas da Torre de Hércules. No caso de Telefónica as melloras tecnolóxicas permiten precindir dese muro exterior de apoio e conferir ao edificio un aspeto mais “esbelto”, frente ao faro que sería algo mais groso.  Mais a solución é a mesma.

Esta é unha pequena pérola urbana da Coruña, un exemplo de bon deseño en enxeñería/arquitectura, mais a nosa historia aínda continúa…

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: