Saltar ao contido

Topografía, a fiabilidade das nuves de pontos LiDAR frente às do PNOA

Desde hai un tempo temos a sorte de dispór de nuves de pontos que axudan a xerar precisos modelos dixitais do terreno (segundo a escala e precisión coa que se traballe).

IMG_0957Os pontos LiDAR son raios láser “disparados” por un dispositivo voador cada 5 m., os cais penetran a vexetación. Esa é a súa precisión. Podemos descargalos da páxina do Instituto Geográfico Nacional.

A Xunta de Galicia, por medio do portal Cdix (do IDG) ofrece unha outra nuve, a PNOA, tomada por “disparos” fotográficos cada 50 ou 25 cm. A precisión tería que ser moito maior.

Quixemos utilizar os pontos PNOA en As Travesas para aforrar un motón de traballo, e o que descubrimos foi que tiña dous grandes erros. Por unha parte as cotas altimétricas non eran correctas. Por outra, que resulta mais grave, reflicte a vexetación como se for un accidente xeográfico. Quixemos manipular a triangulación para corrixir estes erros, mais sen éxito.

Nunha recente “Xornada sobre RPAs e as súas aplicacións civís” organizada polo IDG xa se advertiu que a súa información precisaba contraste, quer dicir, traballo de campo para a representación de detalle.

Aquí apresentamos un exemplo dun proxecto no que estamos a colaborar, a limpeza do Castro das Croas de Cerqueda (Malpica). Só o tracemos a modo de exemplo.

Curvado segundo a nuve de pontos PNOA
Curvado segundo a nuve de pontos PNOA

O curvado caótico só aporta barullo e ruído á representación. Non axuda, mais ben da unha visión distorcida que non axuda á compresión e interpretación do sitio arqueolóxico.

Curvado segundo a nuve de pontos LiDAR do IGN.
Curvado segundo a nuve de pontos LiDAR do IGN.

Esta representación é moito mais limpa e clara, incluso permite albiscar questións relevantes na superficie sen necesidade de escavación.

(P.D. grafamos intencionadamente nuve e non “nube”)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: