Saltar ao contido

Castros con emprazamentos inverosíbeis…

Resulta difícil imaxinar a presenza dun castro na zona das curvas de Herves. Un lugar de fortes pendentes nas ladeiras que delimitan o Val de Barcia, a carón da estrada N-550 (A Coruña-Santiago).  Na outra beira, a escasa distancia, recoñécese através da toponimia o castro de Salgueiros, tamén emprazado a media ladeira.

Val de Barcia

O Val de Barcia apresenta amplas zonas chás, pola deposición de sedimentos, mais no treito alto as ladeiras viran moi agrestes e rudes (p.e. as fervenzas do Batán).

Na zona de Carral os castros adoitan ter emprazamentos “típicos”:  no alto de pequenos montes (Ameás e Pazo-San Vicente) ou en chaira (pequenas: Tabeaio e Gosende; ou grandes e altas: Travesas).

Herbes-Salgueiros

A posición do Castro de Herbes é surprendente pola súa inacesibilidade, que incluso dificulta o uso como poboado, resulta curiosa esta posición hiperdefensiva:

  • Pendurado no medio ladeira de fortísmas pendentes que rondan un  26% para chegar ao val, e un 15% para remontar a ladeira, con desniveis de 110 e 200 m. Por tanto, é moi difícil aceder desde o alto ou o baixo.
  • Por outra parte, os lados áchanse franquedos por dous regos moi encaixonados na rocha, que actúan de foxos naturais.

Perfil Herves

O castro de Salgueiros tamén mostra un emprazamento semellante (a media ladeira con fortes pendentes), porén sen aquela vocación tan isolada:

  • Para aceder à zona de influencia do río (a varcea ou “barcia”), tan só hai que superar un pequeno desnivel de 30-40 m.
  • A parte “traseira”, como no caso de Herves, está protexida pola forte pendente das abas do Monte Xalo (Mte da Arca Aberta).
  • Por outra parte, o rego Freixedo ou do Castro, non envolve todos os lados do castro, permitindo un aceso doado polo sector sul (polo que descorre a estrada de Sumio).

Perfil Salgueiros

A forma e dimensións dos castros

Determinar a morfoloxía do castro de Herves sempre estivo dificultada pola vexetación, incluso no contraste coa ortofoto do 1956 (cadastro antigo).

Porén,  através dos dados LiDAR xa procesados que ofrece o Instituto Geográfico Nacional, podemos observar certos detalles do terreno anulando a cortina vexetal.  Eis os resultados para o castro de Herves e de Salgueiros, onde quizá as diferenzas no carácter defensivo estexan relacionadas tamén co tamaño dos asentamentos:

Castro de Herves: ten claramente un recinto ou croa, mais é posíbel que teña un segundo.

1º Recinto: 96×87 m., Superficie de 7700 m2
2º Recinto? 88×72 m., Superficie de 7800 m2

carral.herbes.iberprix

Castro de Salgueiros: posibelmente teña dous recintos, un pequeno na zona onde se emprzan as casas actuais (pode que sexa os restos dunha torre medieval), e a seguir unha ampla plataforma inferior delimitada por unha muralla.

Dimensións totais: 121×97 m.
Superficie: 1 ha

carral.salgueiros.iberprix

2 opiniones sobre “Castros con emprazamentos inverosíbeis… Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: