Saltar ao contido

Cubricións tradicionais de colmo nas Mariñas

palloza de Lesa na actualidadeNa casa da Lapela (Santa Mariña de Lesa, Coirós), tivemos pedra dun pequeno desmonte dunha obra. De aquela estivéramos na Guarda visitando Santa Tegra, e meu pai pensou en construír un pendello redondo a modo de palloza para a leña. E así foi.

Mais como cobrir unha planta circular sen chapuzada? nunha zona que non é o Cebreiro, por tanto onde se supón que non existe tradición de cubertas tradicionais adaptadas estas edificacións.

Pois na zona existía tradición vida. Nas Mariñas as casas adoitan ter una peza dianteira chamada “palleira” (non confundir co palleiro) onde se gardaban aparellos de traballo. Até hai pouco tempo esa peza cubríase con colmo, posto que aforraba o custo da tella. Por outra parte, aínda se facían palleiros seguindo a técnica da meda, onde o elemento mais difícil o remate final, posto que ten que impedir a filtración de auga.

Así en 1987, primeiro houbo que botar nunha leira centeo ex profeso (naqueles tempos tan só se botaba de cando en vez trigo ou cebada). Non vale outra palla. Ten unha vida útil moi prolongada con escaso mantimento. Ao río foise por varas de abeleiras e no serradoiro trabes para o armazón.  Non mediou arquitecto senón a tradición do saber.

O sistema tradicional é o seguinte:

  1. Armazón de trabes que non precisan do apoio nun pilar central.
  2. Entranzado horizontal con varas de abeleira aproveitando a súa flexibilidade.
  3. Colmo estruturado en dous estratos:
  • Un de xesta que serve de apoio, ligados co cabo para arriba
  • Outro, a exterior,  composta por camadas de mollos de centeo (moi apertados) superpostos (a modo de coroas superpostas).

A construción funciona moi ben construtivamente: non entra auga nen humidade; controla a temperatura, é fresca en verao e morna en inverno. Os lumes interiores, coa cautela debida, teñen un efeito conservador do colmo, como axente antiséptico e insecticida.

Palloza da Lapela, armazónPalloza da Lapela, disposición de xestas sobre o entranzado

Palloza da Lapela, camada de xesta

Palloza da Lapela, remate da camada de xestaPalloza da Lapela, fixación da xestas ao entranzado

Palloza da Lapela, camada de xesta totalmente dispostaPalloza da Lapela, revestimento exterior composta por mollos de centeo

Palloza da Lapela, estruturación do revestimento exterior en camadas superpostas de mollos

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: